Sigo sen entender o tema de non dar os teléfonos equivalentes dos números especiais en calquera servicio, así a xente ou a empresa que presta o servicio están suxeitas ós cargos que fagan as operadoras, mentres que se se dan os números equivalentes as chamadas pasan a estar incluídas dentro das tarifas que temos contratadas cos nosos operadores, cun coste normalmente inferior ou gratis.
Un exemplo deste tipo é o teléfono 061, que en Galicia o xestiona a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia que na sua web espefica un formulario de contacto (se non tes presa) e os teléfonos 061 e 902 400 116 como forma de contacto se temos presa, foi precisamente este último teléfono o que me levou á entrada de Danae en no más 900 onde se especifica o 981953400 como número equivalente ó 061 en Galicia, o probei e funciona perfectamente.
En fin... esperemos que pouco a pouco os organismos e empresas que utilizan todavía os 901/2 e outros números especiais vaian dando os equivalentes para poder cortar co negocio este dos números especiais